Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus pechará 2015 con 57 novos autobuses

Seguindo a política de renovación de frota constante desenvolvida nos últimos anos, Monbus incorporará un total de 57 novos vehículos ao termo do ano 2015. Aos 37 vehículos que xa foron entregados, súmanselle 20 novos vehículos que están sendo acondicionados para que os usuarios poidan gozar do seu moderno equipamento.  

En materia de seguridade, os novos vehículos inclúen un sistema avanzado de frenado de emerxencia (AEBS) orientado ao frenado ante obstáculos inmóbiles ou en marcha, o detector de carril ou sistema SPA e cinturóns de seguridade.

Para maior confort dos viaxeiros os novos vehículos contan con butacas con cabezal de polipel e espumado extra, enchufes de corrente e conexión USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratuíto, iluminación LED individual, neveira e amplos aseos WC, etc., elementos que contribúen a crear unha experiencia de viaxe altamente pracenteira.

Na súa firme aposta por ofrecer un servizo de calidade superior manténdose en todo momento á vangarda, Monbus integra como parte da súa frota as primeiras unidades de autobuses de gran capacidade Castrosua Stellae cunha lonxitude de 15 metros, capacidade máxima de 71 pasaxeiros. Estes vehículos son altamente accesibles, con espazos reservados para persoas de mobilidade reducida en cadeira de rodas (PMRSR). En todos os casos respétanse amplamente as medidas regulamentarias entre butacas. De igual xeito, modelos como os Noge Touring HD 12960 con bastidor Mercedes Benz OC500 e os minibuses Mercedes - Benz Sprinter con carrocería Nogebus, que tamén contan con acceso e espazo reservado para PMRSR, así como elevador Gobel Evo 18, demostran a preocupación da empresa por brindar un servizo adaptado ás necesidades de cada pasaxeiro.

Ademais, completando esta primeira remesa de autocares atópanse os modelos Mercedes - Benz Tourismo 16RHD, perfectamente equipados para percorridos de longa distancia, así como os modelos Mercedes - Benz Citaro K destinados a servizo urbán.   

Polo tanto, Monbus, con estas novas adquisicións consolídase firmemente como unha das empresas de transporte de viaxeiros que conta cunha das frotas máis novas de España, cunha impresionante antigüidade media inferior a un ano de vehículos que realizan os servizos discrecionais, unha non menos destacable media inferior a 2 anos para o alugueiro de vehículos sen condutor e unha tamén salientable media próxima a 7 anos para os vehículos que realizan servizos regulares.