Monbus multiplica reforzos os venres e domingos ante o incremento da demanda provocada polo inicio do curso e a falta de prazas en tren
Monbus está a afrontar un ano máis un número completamente extraordinario de reforzos do servizo nas xornadas de venres e domingo derivado do inicio do curso escolar e da escaseza de prazas no transporte ferroviario. O incremento da demanda de usuarios foi especialmente intenso na estación intermodal de Santiago de Compostela o pasado venres pola tarde, ao producirse unha importante avalancha imprevista de viaxeiros sen sitio nos trens e tamén na intermodal de Vigo o domingo de volta.
Para minimizar as esperas cara a esas xornadas, Monbus aconsella aos seus pasaxeiros que fagan a compra anticipada dos seus billetes, facilitando dese xeito o deseño do número de autobuses de reforzo que porá a empresa en cada tramo horario e para cada ruta. Os usuarios poden utilizar a compra anticipada a través da páxina web da compañía. Recoméndase aqueles que non a teñen comprado billete acudan ás estacións uns 45 minutos antes da saída para axilizar o embarque e evitar retrasos.
Na filosofía de traballo de Monbus prevalece a firme intención de poñer a disposición dos viaxeiros todos os recursos posibles para atender eses fortes picos de demanda.