Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus reforza as súas liñas este San Fermín

Achégase o gran día e Pamplona vístese de longo para recibir a visita das miles de persoas que agardan disfrutar da famosa festa do San Fermín do 6 ao 14 de xullo.

O día 6 ás doce do mediodía terá lugar o pistoletazo de saída co lanzamento do "chupinazo" dende o Concello da cidade, momento que vivirán ao máximo as miles de persoas congregadas na praza co tradicional atavío branco con pano vermello como sinal de arranque da festa.

Outro dos aspectos sinalados da festa será a celebración dos tradicionais "encerros" do 6 ao 14 de xullo. Aqueles que queiran asistir terán que madrugar e erguerse ás oito da mañá para vivir a emoción de correr diante dun touro os 849 metros ata a Praza de Touros Monumental de Pamplona.

Con emoción se vivirán os nove días de festa e con emoción tamén se despedirán cantando o famoso "Pobre de mí", que dará por finalizada a celebración na medianoite do 14 de xullo, alomenos ata a seguinte edición.

Como é habitual, Monbus formará parte deste agardado evento anual; para iso, ofrece o seu servizo directo e sen transbordo por medio dos modernos autocares Maximun de Vibasa equipados con cómodos e amplos asentos Confort Plus, aseos WC, Wi-Fi gratis, enchufes individuais, así como tecnoloxía punta en seguridade, que farán que goces plenamente da viaxe.


Monbus aumentará o número de vehículos habitual para axilizar o transporte de viaxeiros a Pamplona dende Barcelona, Salou, Tarragona, Lleida, Burgos, Pontevedra, Vigo, Ourense, Monforte de Lemos, Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras. Ademais das súas liñas regulares, a empresa completa a súa oferta coa posibilidade de alugar vehículos con condutor e sen condutor.

Pamplona