Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Como conseguir a Compostela

Que é a Compostela? 

A túa experiencia e vivencia tras facer o Camiño de Santiago (sexa cal sexa o que realices) quedará reflexada e acreditada coa Compostela, o documento que entrega a Catedral para acreditar aos peregrinos que completaron o Camiño. Para iso, será necesario que fixeras os últimos 100 quilómetros a pé ou 200 quilómetros en bicicleta. 

Como acredito que realicei o Camiño? 

Será necesario que antes de comezar o teu Camiño recollas a túa Credencial do Peregrino, un documento que da acceso aos albergues e donde poderás ir sellando cada etapa ao teu paso polas diferentes localidades. 

Éste pode solicitarse na Oficina do Peregrino ou nas diferentes asociacións de Amigos do Camiño de Santiago repartidas por todo o mundo. 

Unha vez teñas os sellos necesarios poderás presentar a túa credencial para solicitar a Compostela. 

Como solicito a Compostela? 

Unha vez chegas a Santiago (e tras observar con calma aa preciosa e hipnótica Catedral e a praza do Obradoiro) debes dirixirte á Oficina de Atención ao Peregrino situada ao lado na rúa Carretas

Alí pediránche a Credencial e comprobarán os teus sellos e ademáis preguntarán o motivo da túa peregrinación: relixioso, relixioso e cultural ou só cultural e/ou deportivo. Dependendo da túa resposta o documento que se entregará será a Compostela ou outro certificado. 

Xusto ao lado da oficina, poderás encontrar tamén a nosa oficina de atención, onde poderás recibir información das distintas rutas e servizos dispoñibles para viaxar por Galicia ou como visitar FisterraMuxía en autobús. Ademáis, tamén poderás comprar os teus billetes de maneira presencial e anticipada se non o fixeches xa na nosaa web e planear a volta a casa. Dispoñemos de servizos que conectan cos distintos aeroportos de Galicia desde Santiago de Compostela.