Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

6 consellos infalibles para preparar o teu Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é unha das experiencias máis únicas e inolvidables que pode vivir unha persoa na súa vida e como ben é sabido non hai un camiño igual a outro. Se tomaches a decisión de vivir esta aventura aquí encontrarás os principais consellos para estar preparado para o que che espera, tanto a nivel mental coma físico.

3 consellos para a túa cabeza: 

  • Improvisa: o Camiño non é unha carreira, tómate o tempo que precises. Intenta, se é posible ir con tempo suficiente para improvisar e cambiar un pouco os plans e o rumbo. Quizáis cando estés en plena caminata encontres lugares ou desvíos que chaman a túa atención e recomendámoste que sigas o teu instinto. De esa maneira vivirás unha aventura inolvidable e irrepetible. 

  • Ten en conta o teu nivel físico: está moi ben que antes de empezar teñas claras as etapas que seguirás, os albergues que hai pola zona e por suposto e moi importante, as distancias. Planea un camiño que podas seguir e desfrutar. O esforzo será inevitable, pero non queres sufrir máis do necesario. É importante que xunto ao esforzo podamos desfrutar tamén do proceso

  • Só ou acompañado?: se vas facer o Camiño só, non te preocupes. Nunca estás só. É unha boa oportunidade para coñecerte máis e tamén para abrirte e charlar con diferentes persoas con distintas vivencias Igualmente, se vas acompañado, permítete certos momentos a soas, os desfrutarás e apreciarás máis que nunca. 

O que non podes olvidarte: 

  • Calzado adaptado: un clásico e quizáis o consello máis importante. Leva un calzado xa usado e que esté adaptado ao teu pé. Ademáis, recorda levar unhas chanclas ou sandalias para os momentos de descanso para que os teus pés respiren. 

  • Mochila non moi pesada: moi importante que a mochila que escollas te permita levar unha boa postura. O peso debe ir cercano ao teu corpo e non debe exceder os 10 quilos. Ao principio será levadero, pero son moitos quilómetros, non o subestimes! 

  • Botiquín, o teu mellor amigo: nunha aventura coma esta pode pasar de todo e hai que estar preparado. Non te excedas coa preparación, pero é importante que leves contigo uns básicos coma apósitos adhesivo, crema solar, apósitos de xelatina ou vendas. 

Por onde empezo? 

Por último, se xa decidiches cal será o teu punto de partida deberás planificar como chegar a el. Dende Monbus dispoñemos de rutas que conectan Santiago de Compostela coas principais cidades da comunidade coma LugoSarriaFerrolA CoruñaPontevedraVigo ou Ourense. Ademáis, moitas destas mesmas rutas teñen parada no Aeroporto de Rosalía de Castro, para os viaxeiros que veñen dende lonxe.Tamén dispoñemos de viaxes interurbanos e rexionais que conectan estas cidades con outros núcleos de población populares do Camiño coma poden ser O Cebreiro, Fisterra, Muxía, Tui, etc.

Consulta o teu percorrido na nosa web e compra con antelación o teu billete.