Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus oferta tres mil destinos para este Verán

Coa chegada da época estival e o bo tempo, miles de usuarios comezan os seus desprazamentos vacacionais. A moderna frota de autocares que Monbus pon á disposición dos seus clientes permite chegar a máis de tres mil destinos, repartidos por toda a xeografía española.

San Fermín (Pamplona)

O “chupinazo” é o sinal máis agardado pola multitude de persoas que agardan cada ano vivir ao máximo a intensidade dos encerros. As rúas de Pamplona inúndanse do 6 ao 14 de xullo das características vestimentas brancas con lazo vermello para celebrar a festa máis internacional e coñecida da nosa xeografía.

Vibasa como vén sendo habitual nos últimos anos, reforzará os seus servizos para que sexa máis fácil para todo o mundo chegar a Pamplona dende diferentes cidades españolas como Barcelona, Salou, Burgos ou Vigo.

Costa Daurada (Cataluña)

Un dos destinos máis apetecibles para os amantes do sol é a Costa Dourada, concretamente Salou, a só 10 qm da cidade de Tarragona e a 9 da cidade de Reus. Famoso polas súas praias urbanas e o seu paseo marítimo, Salou ofrece ademais unha grande oferta de ocio que fará as delicias de toda a familia, especialmente dos máis pequenos.

Tamén Barcelona é sen dúbida sempre un bo plan vacacional, combinando praia e oferta cultural e monumental nun só lugar. A obra de Gaudí amósase máis fermosa ca nunca baixo o sol estival, as Ramblas énchense de xente vida de todas as partes do globo e o mercado da Boquería ofrece os seus produtos máis frescos e apetecibles para repoñer forzas e gozar ao máximo da visita.

Para visitar a costa catalá, a mellor experiencia de viaxe a Salou está garantida con Monbus, que conta con liñas procedentes de Tudela, San Sebastián, Pamplona, Logroño ou Irún, dende onde se reforzaron os servizos con traxectos diarios para os meses de xullo, agosto e setembro. Outra posibilidade será viaxar a Barcelona dende San Sebastián, Salamanca, Pamplona, Irún, Moraleja ou Pontevedra (con dous servizos semanais máis durante xullo e agosto), entre outras localidades.

Rías Baixas (Galicia)

Unha alternativa diferente pero igual de atractiva cas anteriores é achegarse ao Nordeste español, onde as Rías Baixas ofrecen ata 59 praias con bandeira azul e a mellor das gastronomías nacionais. Disfrutar dos arenais de Sanxenxo, con opcións como a praia urbana de Silgar ou A Lanzada para amantes do surf, ou deixar que pasen as horas mentres se degusta o mellor dos caldos galegos e unha boa mariscada poden ser grandes opcións para gozar as vacacións.  

Se a costa atlántica é a zona elixida, é posible visitar Pontevedra dende localidades como Barcelona, Vitoria, San Sebastián, Bilbao, Pamplona ou Irún (que do 26 de xuño ao 31 de agosto contará con dous servizos máis semanais). Ou viaxar a Vigo, gozando das comodidades dos autocares Maximun (con asentos Confort Plus con grande separación entre butacas, aseos WC, Wi-Fi gratis e enchufes individuais), dende múltiples orixes como Bilbao, Vitoria, Barcelona, San Sebastián ou Logroño.

Na sección de ofertas ou no mapa interactivo da web de Monbus pódense consultar a grande variedade de rutas ofertadas e os descontos dispoñibles para cada traxecto. Este verán o obxectivo de recargar pilas será máis doado viaxando con Monbus, convertindo así estas vacacións nas máis inolvidables.

España