De San Sebastián a Barcelona gratis cos novos bonos de Monbus
Os viaxeiros de Monbus xa poden beneficiarse desde o 1 de febreiro dos abonos gratuítos nos seus servizos de longo percorrido que conectan todo o norte peninsular, para poder viaxar totalmente gratis entre Galicia, Castela e León, País Vasco, Navarra e Cataluña nos servizos das concesións VAC-053 e VAC-219.
Entre as súas principais rutas atópanse as que unen cidades como Vigo, San Sebastián, Soria, Tudela ou Pamplona con Barcelona, conexións entre Galicia (Vigo, Pontevedra ou Ourense) con Bilbao ou San Sebastián e a liña que percorre Irún, San Sebastián e Pamplona ata chegar a Lleida, Tarragona e Salou.
Estes títulos gratuítos pódense adquirir a través da páxina web monbus.es e estarán dispoñibles durante todo o ano 2023 dividido en tres períodos:
- Entre o 1 de febreiro de 2023 e o 30 de abril de 2023
- Entre o 1 de maio de 2023 e o 31 de agosto de 2023
- Entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de decembro de 2023
Os bonos son persoais e intransferibles e para cada período de validez só poderase obter un único título por persoa e orixe-destino.
Á hora de adquirir os bonos gratuítos, o usuario deberá depositar unha fianza que variará entre os 20€ e os 65€ en función do prezo do billete sinxelo para o traxecto seleccionado.
Esta fianza será reembolsada sempre que se realicen de maneira efectiva 12 ou máis viaxes no primeiro trimestre de aplicación e 16 ou máis viaxes ao cuadrimestre entre o 1 de maio e o 31 de decembro.