Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PayPal xa está dispoñible na web de Monbus

Dende hoxe mesmo os usuarios de Monbus poderán realizar as súas compras online a través de PayPal. Este sistema de pago está fortemente consolidado en Internet, xa que é seguro e axiliza o proceso de compra a millóns de usuarios en todo o mundo.

O pago mediante PayPal ademais de ser gratuíto para o comprador, é unha forma sinxela, áxil e segura de realizar transaccións en Internet sen necesidade de compartir detalles de tarxetas ou contas bancarias. Simplemente se precisa elexir esta forma de pago durante a compra, vencellando previamente unha tarxeta de débito, crédito ou conta bancaria no portal de PayPal. Para completar o proceso, como é característico deste sistema, os usuarios serán redirixidos fóra da web de Monbus á páxina de Paypal, onde só será necesario introducir as claves de acceso (correo electrónico e contrasinal).

Para garantizar a seguridade de cada conta, Paypal controla todas as transaccións de forma continua evitando fraudes ou suplantacións de identidade. A información almacénase de forma segura e protéxese mediante un sistema de encriptación e codificación automática. De producirse, o usuario ten un prazo 60 días para notificar dita suplantación ou compra non autorizada e Paypal procede á devolución do diñeiro. Ademais a seguridade das transaccións está garantida tanto se compras en España como se o fas dende o estranxeiro. Actualmente máis de 200 países de todo o mundo aceptan pagos mediante PayPal.