Monbus mantén a rebaixa do 45% nos principais traxectos do Eixo Atlántico
Monbus continuará aplicando a rebaixa do 45% nas relacións de tráfico máis relevantes do Eixo Atlántico.
Esta bonificación adicional do 45% a maiores das rebaixas do 50% decididas polas Administracións continuará implementándose nos principais traxectos do Eixo Atlántico para aquelas persoas usuarias que dispoñan da Tarxeta de Mobilidade de Galicia. Polo tanto, as persoas viaxeiras que utilicen a súa TMG nestas relacións de tráfico seguirán beneficiándose dun 95% de desconto.
Ademais da prolongación dos descontos, a entrada do novo ano traerá unha actualización de tarifas que repercutirá mínimamente no importe final destos traxectos bonificados. Por exemplo, aplicada a rebaixa a unha viaxe Ferrol - Pontevedra o prezo do traxecto pasará de 0,61€ a 0,62€, fronte aos 13,75€ do billete sinxelo, mentres que o importe dunha viaxe A Coruña - Vigo mantenrase nos 0,64€, moi lonxe dos 14,30€ que custa o billete sinxelo.
No seguinte enlace poden consultarse as relacións de tráfico e as súas tarifas correspondentes. Atópao aquí.
Para máis información, as persoas usuarias poden contactar por teléfono (900 92 91 92), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).