Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Reserva a túa praza para as tarxetas TMG e TXN

Monbus lanzou o pasado novembro o sistema de reservas para que os usuarios da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG) e da Tarxeta Xente Nova (TXN) poidan reservar praza con antelación nos seus servizos.

Para acceder ao sistema, os usuarios teñen que dirixirse á páxina web de Monbus e rexistrarse facilitando os seus datos persoais, o número da súa tarxeta TMG ou Xente Nova e abonar unha fianza de 10€, que pretende evitar o uso indebido do sistema de reservas. Cando se completa o rexistro, o proceso é tan sinxelo como buscar a viaxe desexada e seguir os pasos. Unha vez feita a reserva, deberase presentar o xustificante directamente no autobús ao persoal de condución e pagar coa TMG ou a TXN.

Este sistema está dispoñible para as relacións de tráfico da XG817 que comprenden o Eixo Atlántico así coma para as concesións XG623, XG802 e XG614. Consulta aquí o mapa de rutas.

Con esta ferramenta, os usuarios poden planificar a súa viaxe con antelación, ao tempo que evitan colas e esperas nas estacións e continúan beneficiándose dos descontos que ofrece a Xunta de Galicia, utilizando a TMG ou a TXN.