Monbus reforza as viaxes para a fin de semana
Con motivo do inicio do curso universitario e os descontos extraordinarios que están a gozar as persoas usuarias no transporte interurbano de Galicia, o volume de pasaxeiros incrementouse de maneira completamente extraordinaria, facendo esencial tomar ditas medidas.
Monbus montou un dispositivo especial para atender en tempo e forma a incesante chegada de usuarios, habilitando reforzos para os principais traxectos do territorio. Ademais, co fin de asegurar un bo servizo, procedeuse a eliminar o sistema de reservas para aqueles que viaxan con TMG, TXN e Bonos Monbus, debido ao uso indebido do mesmo por parte dalgúns viaxeiros. Desta maneira as persoas usuarias que desexen gozar do desconto deberán acudir directamente ao autobús.
Desde Monbus recoméndase acudir cunha antelación de polo menos 20 minutos para evitar grandes aglomeracións e colaborar na xestión de colas e persoas que se están producindo as fins de semana nas principais estacións de Galicia. É importante lembrar que os servizos están dispoñibles na web para a súa compra anticipada e así aforrar esperas.
Cabe lembrar que desde o pasado 6 de setembro entrou en vigor a campaña de descontos lanzada por Monbus na que ampliaba cun 45% de desconto o 50% que acaba de anunciar a Xunta de Galicia. Aplícase nas relacións de tráfico máis relevantes do Eixo Atlántico para aqueles usuarios que dispoñan da Tarxeta de Movilidad de Galicia (TMG).