Encóntranos no Aeroporto de Santiago
Agora xa é posible encontrarnos tamén no Aeroporto de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Na nosa nova oficina poderás pedir información acerca de todos os nosos servizos e mercar directamente os teus billetes.
Aberta de luns a domingo, o noso punto de atención ao cliente encóntrase na Zona de Chegadas, antes de entrar na Terminal. Na parada do aeroporto contamos con enlaces a diversos servizos coma o Santiago – Sarria, Santiago – Lugo e Santiago – A Coruña.
Ademáis, as persoas viaxeiras poden trasladarse á Estación Intermodal de Santiago na liña urbana L6A e alí desfrutar das conexións coas principais cidades de Galicia coma Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Ferrol así como coa maioría dos destinos da comunidade.
Tamén en Santiago, Monbus conta con outra oficina de atención e venda no centro histórico, na Rúa Carretas nº33, onde as persoas usuarias poderán mercar o seu billete e reservar a praza con ata un mes de antelación. A maiores, dispoñemos de despachos de billetes nas principais poblacións e puntos de interés de Galicia.
Se o prefires, tamén podes mercar os teus billetes en liña sen esperas e con flexibilidade para modificar a túa reserva se así fose necesario. O poñemos fácil para planificar e desfrutar ao máximo da viaxe!