500 seareiros do Barça viaxan a Berlín con Monbus
Uns 500 afeccionados do F.C.Barcelona chegaron esta mañá a Berlín dende a Cidade Condal, distribuidos en 7 autocares de gran capacidade de Monbus, para animar ao seu equipo na agardada final da Champions League que se disputará esta tarde. Os culés tratarán de engadir a quinta “orellona” ás súas vitrinas, derrotando á Juventus de Turín.
Grandes nomes do fútbol mundial daránse cita sobre o estadio olímpico de Berlín: Messi, Morata, Suárez, Neymar, Buffon, Iniesta ou Pirlo, aínda que o que non estará será Chiellini, baixa confirmada. Calcúlase que case 20.000 afeccionados do Barcelona están a chegar á capital alemá para acompañar ao seu equipo nun encontro no que parten como grandes favoritos.
Durante todo o traxecto os seareiros do equipo catalán disfrutaron das comodidades que ofrecen os modernos autocares da nosa frota, que cunha antigüidade media inferior a un ano, se destina a cubrir o noso servizo de transporte discrecional.