Letras Galegas 2023
Monbus continúa celebrando e reivindicando un día tan importante como é o das Letras Galegas, que cada ano adica a xornada a divulgar e ensalzar a figura dun autor do país. Luísa Villalta é a autora elexida neste ano 2024, escribía poesía, narrativa e ensaio e utilizada a súa Coruña natal coma escenario das súas grandes obras.
Durante este 17 de maio as persoas recibirán xunto ao seu billete, un marcapáxinas personalizado cun agasallo moi especial para todo aquel que escaneé o código Qr que contén. Trátase del acceso a 5 dos 30 relatos pertencentes aos “Contos do Castromil”. Estos contos repartíanse nos anos 90 a bordo dos autobuses de Castromil (antiga empresa galega que agora pertence a Monbus), e tratábase de edicións de pequeno formato dos que se chegaron a distribuir 450.000 exemplares. As e os autores que realizaron estos relatos non cobraron nada por ello aínda que é certo que recibiron un carnet especial que lles permitía viaxar sen pagar nas liñas de Castromil.
Monbus continúa reeditándolos dixitalmente cada ano para que poidan chegar a máis persoas a través de calquera dispositivo electrónico. Os nosos viaxeiros poderán gozar de catro títulos:
- “O conto de Serafín” de Antón Fraguas.
- “O último rei dos galegos” de Manuel Rivas.
- “Rodolfo” de Úrsula Heinze.
- Os papiros do Medulio, de Xesús Ferro Ruibal.
- A morte de Blas de Alfredo Conde.
Esta colección de 30 textos cortos orixinais, iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, contou có patrocinio da Xunta de Galicia. Editados por Ir Indo, entre os anos 1992 e 1994.