O Camiño comeza en Sarria con Monbus
Para este ano Xacobeo 21-22 Monbus quixo facilitar o proceso de viaxe aos visitantes, habilitando a venda online para diversos traxectos clave moi utilizados durante o Camiño de Santiago. Grazas a isto, as persoas usuarias contarán coa venda anticipada do seu billete con ata un mes de antelación, así como da reserva de praza.
O 1 de maio comezaba a venda de dúas concesións, a XG802 e a XG648, con rutas tan demandadas coma o Santiago – Lugo, utilizado maioritariamente por estudantes e traballadores, ou o Lugo – Sarria -Monforte. Destaca tamén o Santiago – Sarria - Pedrafita, un servizo diario moi usado por peregrinos para comezar o Camiño Francés en Sarria ou Pedrafita que ademáis fai parada no aeroporto de Santiago, o Rosalía de Castro, onde moitos visitantes chegan por primeira vez a Galicia.
O pasado decembro púxose en marcha a venda online doutras concesións que tiñan conexión con Ourense, dende cidades como Lugo ou Vigo, para facilitar a intermodalidade ao usuario ante a chegada do AVE a Galicia e pouco a pouco aumentarán os servizos con esta opción.
Ademáis, a venda anticipada para estas rutas tamén está dispoñible en taquilla e pode realizarse ata un mes antes da viaxe.