Monbus reivindica o Día da Terra
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día da Terra reafirmando a importancia de camiñar da mán da sostenibilidade como estratexia de futuro e garantía de éxito.
Monbus deu grandes pasos na loita contra o cambio climático e a reducción de emisións de CO2, ao apostar pola adquisición dunha moderna flota con tecnoloxía pensada para lograr a máxima eficiencia enerxética. Ademáis, a veracidade dos nosos reportes anuais de emisións de gases de efecto invernadeiro (GEI) están respaldados pola certificación ISO 14064-1 de Pegada de Carbono. Grazas á implicación e concienciación do noso persoal un ano máis, mantemos a certificación ISO 50001 en gran parte das empresas adheridas a Monbus e lográronse os obxetivos marcados no ámbito de consumos enerxéticos nas oficinas da Sede Central en Lugo e Hospitalet.
Para cuidar do planeta tamén se precisa de boas prácticas empresariais que aseguren un manexo ambiental da súa actividade e unha responsabilidade na contorna na que opera, proba diso son a certificación ISO 14001 en 28 das empresas adheridas a Monbus e o Rexistro EMAS en dúas empresas, considerada un dos estándares medioambientais máis esixentes do mundo.
Seguimos traballando neste camiñoo fixando metas moi ambiciosas para este 2022 ampliando a certificación EMAS a máis empresas.