Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus comprométese co medio ambiente

Monbus celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa obtención de dúas certificacións enfocadas á xestión eficiente e sostible do gasto enerxético e a redución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en función das normas ISO 50001 e ISO 14064.

Seguindo os métodos marcados pola norma ISO 50001, ata 17 empresas adheridas a Monbus reducirán notablemente os consumos de enerxía e, consecuentemente, as emisións de gases de efecto invernadoiro. Monbus únese así á loita contra o cambio climático, establecendo unha política de aforro enerxético e obxectivos de mellora no uso da enerxía implicada nas nosas actividades, contribuíndo así a un emprego máis eficiente e máis sostible dos recursos.

Aínda que o transporte público se presenta como unha das mellores opcións para minimizar a emisión de GEI, en España case un 25% do total proveñen deste sector. É por iso que o compromiso ambiental rubricado por Monbus se estende á redución da pegada de carbono, índice que define o impacto ambiental producido pola xeración de emisións de GEI.  Calcular a pegada de carbono permite coñecer o consumo enerxético derivado da nosa actividade, e incorporar medidas correctoras que posibiliten ás diferentes empresas reducir as súas emisións de CO2, como a rexeneración da frota de vehículos cara a outra máis eficiente e implementación progresiva das tecnoloxías máis avanzadas que posibiliten a redución das emisións de GEI.

As sociedades máis representativas do conglomerado empresarial de Monbus, seguindo a metodoloxía internacional de cálculo “GHG Protocol”, baseada na norma ISO 14064, xa calcularon a súa pegada de carbono como parte do compromiso asumido de redución da emisión dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). Esta verificación supón un paso máis na nosa estratexia de xestión eco-eficiente, de cara a identificar novas melloras ambientais e reducir tanto as emisións como o consumo enerxético.