Monbus participa no Programa MOVES III
O compromiso cunha mobilidade cada vez máis eficiente segue marcando a folla de roteiro de Monbus. Froito desta responsabilidade, Empresa Monforte, empresa adherida a Monbus, participa no Programa MOVES III de Incentivos á Mobilidade Eficiente e Sostible. Este plan ten como obxectivos, entre outros, a adquisición de vehículos eléctricos enchufables e de pila de combustible e a instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
O Programa MOVES III impulsa a mobilidade eficiente e ao mesmo tempo serve como ferramenta para facer fronte ao incremento de emisións de CO2, promovendo a redución do consumo de combustibles fósiles no transporte e a implantación de enerxías máis limpas.
A adhesión a este plan únese a outras actuacións en materia ambiental como a consecución das certificacións UNE-EN ISO 14001 de Xestión Ambiental, UNE- ISO 50001 de Xestión da Enerxía ou EA 0050 de Condución Eficiente entre outras, que avalan o afán de Monbus por traballar a favor dun transporte máis limpo e sostible.