Actualización dos servizos da XG871
Actualización do estado dos servizos
O vindeiro mércores 23 de febreiro entrarán en vigor os axustes aplicados sobre os horarios da XG871, co obxectivo de seguir mellorando o servizo.
Os novos horarios poden consultarse na seguinte ligazón.
Calquera persoa viaxeira que necesite información sobre os novos servizos, pode solicitarla por teléfono (900 92 91 92), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).
______________________________________________________________________________________________________________
Atendendo ás peticións das persoas usuarias e co fin de mellorar constantemente o servizo, aplicaranse reaxustes nos horarios que empezaron a funcionar o pasado 10 de xaneiro. Os devanditos cambios entrarán en vigor o luns 24 de xaneiro.
Os horarios poden consultarse na seguinte ligazón.
Calquera viaxeira ou viaxeiro que precise información sobre os novos horarios, pode solicitala por teléfono (900 92 91 92), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).
___________________________________________________________________________________________________________________
Este luns 10 de xaneiro comezan a funcionar os novos horarios da concesión XG871 (Norte da Comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e Oeste da de Eume).
Durante o último trimestre do ano realizaronse varios traballos de análise e reordenación dos servicios desta concesión, diagnosticando a situación actual e tendo en conta as demandas das persoas usuarias, así como as enquisas realizadas ás persoas viaxeiras ao longo do ano. A raíz de todo este traballo levouse a cabo esta actualización do servizo que empezará a funcionar a próxima semana.