Viaxa e desfruta do Nadal en Vigo con Monbus
Monbus lanza un novo sistema de reserva de prazas a partir do 25 de novembro para viaxar a Vigo a desfrutar do espectáculo de luces e as atraccións que ofrece a cidadr estr Nadal.
A través do formulario de reserva poderás buscar a orixe que desexes e a hora que mellor se adapte aos teus plans. Tan só deberás seguir os pasos e poderás ter reservada a túa praza. Terás preferencia para subir ao autobús, aínda que será necesario acudir con 15 minutos de antelación á taquilla correspondente para trocar a túa reserva. Ademais, se tes menos de 21 anos, podes viaxar completamente gratis coa Tarxeta Xente Nova!
Dispoñemos de viaxes desde as principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e Lugo, en horarios da fin de semana e festivos ata o 9 de xaneiro. Ademais, Monbus terá en conta a posibilidade de ampliación de horarios e prazas según a demanda.
Nos últimos anos, Vigo converteuse nun destino de referencia a nivel nacional para desfrutar do Nadal e o ambiente mási festivo. As luces que adornan a cidade, as figuras xigantes e as atraccións que rodean o centro son un atractivo tanto para os turistas como para os locais. Miles de persoas viaxan cada ano para ver todas as actividades que ofrece Vigo e empaparse do espíritu do Nadal.
Calquera persoa que precise información, pode solicitala por teléfono (900 92 91 92), enderezo electrónico (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, e Instagram).