Monbus renova o seu compromiso ambiental
Un ano máis, Monbus renova o seu compromiso co medio ambiente calculando as súas emisións de acordo cos requisitos da norma UNE-EN ISO 14064-1:2012 Gases de efecto invernadoiro e certificada por AENOR.
Baixo esta premisa, Monbus comprométese ao seguimento destas emisións co fin de reducir a súa Pegada de Carbono cada ano. Esta é unha forma de calcular as emisións de gases de efecto invernadoiro que xeran os vehículos. Non falamos só de dióxido de carbono, senón do que se adoita chamar CO2 equivalente, que é unha forma de englobar a todos os gases que producen o efecto invernadoiro sobre o noso planeta, e que son os culpables do Quecemento Global.
Para diminuír este impacto se aposta por solucións de mobilidade baseadas na utilización de novas tecnoloxías, tanto para unha execución de maior calidade para as persoas usuarias como para ser máis eficientes e ofrecer unha forma de viaxar máis sostible e segura.
A seriedade e rigorosidade que caracteriza o traballo de AENOR desde a súa creación posibilitou que os seus certificados sexan os máis valorados, non só en España senón tamén no ámbito internacional.
Calquera persoa que necesite información, pode solicitala por teléfono (900 92 91 92), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).