Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Como viaxar de Sevilla a Algeciras con Monbus

Andalucía é unha das rexións favoritas dos turistas polo seu clima, as súas extensas costas e as súas cidades repletas de monumentos. Ademais disto, a característica máis atractiva da comunidade é a hospitalidade dos seus habitantes e o ambiente festivo que se respira nas prazas e terrazas de todo o territorio onde nunca faltan o falmenco nin as tapas. En Monbus levámosche por algunhas das cidades andaluzas máis emblemáticas como son Sevilla, Xerez ou Alxeciras.

Coñece Sevilla

A capital de Andalucía é unha cidade impactante e chea de vida, que se erixe sen dúbida como un centro cultural do país. No centro histórico desta cidade milenaria, podes atopar monumentos de carácter árabe, de estilo gótipo, medievais e todo isto constrastado coas construcións máis modernas. Entre estes monumentos atópase o emblema da cidade, a Xiralda, a Catedral de Sevilla, o Alcázar, a Universidade de Sevilla ou os Xardíns de Murillo.

Cunha gran tradición flamenca e unha cultura das tapas como non hai outra, Sevilla é un lugar onde ir gozar dun ambiente acolledor e cheo de vida.

Podes viaxar con Monbus a Sevilla desde Algeciras, ÉcijaEstepa, Marchena o Jerez de la Frontera.

Os recunchos de Xerez

Grazas ao seu viño, a tradición ecuestre, o flamenco e o motor, o nome desta cidade andaluza goza de recoñecemento internacional. Cun trazado urbanístico de herdanza árabe, os barrios da localidade converxen na antiga medina árabe: San Lucas e San Mateo, que acolle a súa igrexa omónima, a praza do mercado e o Palacio Riquelme. Sen dúbida, o vestixio andalusí máis importante que ten a cidade é o Alcázar de Xerez, que alberga no interior do seu recinto amurallado a mesquita, os baños árabes e o xardín das Oliveiras, con fontes que enmarcan o palacio barroco de Villavicencio, erixido sobre as ruínas do primitivo palacio islámico e en cuxa torre se pode visitar a orixinal cámara escura.

Para coñecer Xerez máis a fondo podes viaxar con Monbus desde SevillaAlgecirasChipionaCosta Ballena o Sanlúcar de Barrameda, entre outros.

Unha cidade mariñeira

Alxeciras é unha cidade de tradición mariñeira, moderna e cosmopolita, é berce do guitarrista flamenco Paco de Lucía. A xoia do atractivo turístico de Alxeciras constitúeno as súas praias, como a do Rinconcillo, que se atopa no interior da Baía próxima ao centro urbano. Doutra banda, a praza Alta, que alberga importantes monumentos como a igrexa parroquial da nosa Señora da Palma e a pequena capela da nosa Señora de Europa, e o mercado de abastos son o centro social da cidade.

Aproveita a oportunidade de visitar Alxeciras viaxando con Monbus desde SevillaLos BarriosAlcalá de los Gazules ou Jerez de la Frontera.