Servizos afectados polo paso de La Vuelta 2021
Venres 3 de septembro
O transcurso da Etapa 19 entre Tapia e Monforte de Lemos afectará aos servicios da liña Lugo - Monforte da XG648, que poden sufrir retrasos puntuais, aproximadamente a partir das 14:00 horas, polo paso dos ciclistas e os cortes de tráfico derivados.
Sábado 4 de septembro
O transcurso da Etapa 20 entre Sanxenxo e Mos (Castro de Herville) afectará principalmente aos servizos O Grove - Sanxenxo - Pontevedra da XG626, xa que haberá un corte de tráfico de 12:00h a 12:45h entre Sanxenxo e Pontevedra. Ademais, o paso do pelotón pola cidade de Pontevedra provocará restriccións á circulación en todas as rúas con tráfico de vehículos cara o itinerario da proba ciclista.
Domingo 5 de septembro
O transcurso da Etapa 21 entre Padrón e Santiago de Compostela afectará ás seguintes rutas:
XG804: todos os servizos desta concesión veranse afectados a partir das 13:00 horas polo corte de tráfico, tendo que circular pola AG-56 entre Santiago e Bertamiráns a partir dese momento.
No caso da liña Santiago - Negreira, farase unha parada alternativa nos arredores dos centros escolares e o Pavillón Polideportivo de Bertamiráns na AC-544 nos seguintes horarios:
- Santiago - Negreira: 14:30h, 16:00h, 17:30h, 19:00h, 20:30h
- Negreira - Santiago: 13:45h, 15:15h, 16:45h, 18:15h, 19:45h
A parada dos servizos que saen de Santiago realizarase na rúa Rosalía de Castro e a de entrada na cidade realizarase no Hotel Peregrino.
XG807: a liña Rúa do Horreo - Bertamiráns - Gándara só se realizará pola mañá.
- Rúa do Horreo - Bertamiráns - Gándara: 9:15h, 10:15h, 11:15h y 12:15h
- Gándara - Bertamiráns - Rúa do Hórreo: 9:45h, 10:45h, 11:45h y 12:45h
XG817: as expedicións entre Santiago de Compostela e Noia / Muros (en ambos sentidos) farán o traxecto Martelo - Santiago de Compostela pola AG-56. O resto do percorrido será o habitual.
Por este motivo, a parada dos servizos que saen de Santiago realizarase na rúa Rosalía de Castro e a de entrada na cidade realizarase no Hotel Peregrino.
XG847: non se poderá realizar o percorrido habitual das expedicións entre Santiago de Compostela e Ribeira ao seu paso por Lestrove, polo que os vehículos continuarán pola AG-11 (Autovía do Barbanza) logo de pasar por Padrón. Esta circunstancia afectará aos seguintes servizos:
- Ribeira - Santiago: 8:00h, 10:00h, 12:00h, 14:00h, 16:30h, 18:00h y 20:00h
- Santiago - Ribeira: 8:00h, 10:00h, 12:00h, 14:00h, 16:00h y 20:00h