Remontada épica do Río Natura Monbus
O conxunto bilbaíno dominou con autoridade durante a primeira metade do encontro, grazas á dirección dos bases Raúl López e Quino Colom, secundados desde o perímetro por Álex Mumbrú e Axel Hervelle.
Nada facía presaxiar a victoria local cando, sobre a bocina, Dairis Bertans metía un triple antolóxico dende o medio do campo deixando ao Multiusos Fontes do Sar enmudecido.
Sen embargo, os locais, coa aportación de Alberto Corbacho, Maxi Kleber e especialmente a de Adam Wackzynski (que se erixiu en figura do encontro con 26 puntos anotados), culminaron unha gran remontada no último minuto.
O Río Natura Monbus Obradoiro consegue así a súa cuarta victoria consecutiva e a decimotercera da presente edición da Liga Endesa, que lle garantiza a permanencia na categoría e permite aspirar ao complicado obxectivo de clasificarse para os PlayOff polo título de Liga.