Actualización e mellora dos descontos para viaxes por toda Galicia
O transporte público de Galicia conta con numerosas opcións para obter beneficios e descontos a través de diferentes medios de pago que permiten aforrar cada mes nas viaxes.
Viaxes gratis por toda Galicia
A mobilidade xuvenil entrou nunha nova era! Ca Tarxeta Xente Nova (TXN) a mocidade pode viaxar de balde por toda Galicia. Si, de balde! E por Galicia enteira!
Unha tarxeta ideal para os desprazamentos do día a día, para facer plans cos amigos ou para ir á universidade. Solicita a TXN se tes menos de 21 anos e realiza ata 60 viaxes interurbanas gratuítas cada mes por toda a xeografía galega.
Máis e mellores descontos
A Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) ofrece numerosas vantaxes para facer as túas viaxes moito máis económicas. Aproveita os descontos directos no prezo do billete, ademais das bonificacións por recorrencia e transbordo nos teus desprazamentos!
Como funcionan os beneficios por viaxar con frecuencia?
Poñamos un exemplo. Abonando o traxecto Boiro – Noia o prezo en efectivo sería de 1,50€ mentres que coa Tarxeta Metropolitana de Galicia o importe sería de 1,35€, o que xa supón unha rebaixa dun 10% no prezo da viaxe.
Agora ben, se realizas ese traxecto frecuentemente e utilizas sempre a TMG como método de pago o desconto será aínda maior grazas ás bonificacións por recorrencia postas en marcha recentemente:
- Realizando 30 viaxes ao mes, o prezo por viaxe sería de 1,23€.
- Realizando 40 viaxes ao mes, o prezo por viaxe sería de 1,18€.
- Realizando 50 viaxes ao mes, o prezo por viaxe sería de 1,08€.
Canto máis viaxas, máis aforras!
Actualización da vixencia dos bonos
O luns 31 de maio finaliza o período promocional e de implantación do sistema de bonos vinculado ao Novo Plan de Transporte de Galicia iniciado en xaneiro do 2020.
Tras este período piloto, e co fin de adaptar a oferta á demanda, a vixencia dos bonos axustarase ao conxunto de bonificacións por recorrencia, sendo esta de mes natural, de xeito semellante ás vantaxes da TMG ou as viaxes de balde que ofrece a TXN para os menores de 21 anos, de acordo co prego de condicións que rexe a licitación dos contratos de Transporte Público de Galicia.
Para facilitar a transición, durante o mes de xuño estarán á venda na web de Monbus as dúas opcións: BONO 30 DÍAS e BONO MENSUAL. A partir do 1 de xullo xa só estará dispoñible o BONO MENSUAL. Os BONOS 30 DÍAS mercados antes do 1 de xullo seguirán vixentes ata que remate o seu período de validez.
Lembra que os diferentes tipos de bonos (Bono 50, Bono 26, Bono 46, etc.) varían en función da concesión. Consulta os dispoñibles para o teu traxecto no seguinte buscador: www.monbus.es/es/bonos
Se o desexas, podes trasladarnos as túas consultas sobre os bonos a través do seguinte formulario.
Nova vixencia e as mesmas vantaxes na Tarxeta Bono Monbus!
- Ampla variedade de traxectos
- Pago áxil e cómodo
- Compra e recarga online
- Aforro de ata un 75% nos teus desprazamentos
- Ata 5 bonos diferentes na mesma tarxeta