Monbus estrea a súa tarxeta Bono Monbus en Galicia
O 23 de decembro ponse en funcionamento a segunda parte do novo Plan de Transporte Público de Galicia o que conleva cambios nas tarifas e bonos. Melloramos os nosos bonos e o seu proceso de compra e recarga para facer as túas viaxes moito máis sinxelas e seguras. Consulta toda a oferta de bonos nesta ligazón.
Temos novidades en exclusiva para ti!
Agora xa podes conseguir os teus bonos completamente en liña. Non máis esperas nin colas.
É moi sinxelo. Simplemente selecciona a túa orixe e destino. A continuación, a web ofrecerache as mellores ofertas de bonos para que poidas elixir a que mellor se adapta a ti. Unha vez realices o pago, tramitaremos o teu pedido e, posteriormente, poderás recoller a túa Tarxeta Bono Monbus na taquilla que selecciones.
Entra na seguinte ligazón para poder realizar a túa compra: http://www.monbus.es/es/bonos.
Ademais, cando o teu bono finalice ou caduque, poderás realizar a recarga da túa Tarxeta Bono Monbus tamén en liña nesta ligazón.
E iso non é todo: na túa Tarxeta Bono Monbus podes cargar ata 5 bonos distintos. Todos os teus billetes nunha soa tarxeta!
Este sistema está en fase de implantación e progresivamente irase aplicando a todas as concesións das que Monbus realiza servizos en Galicia. Polo momento está en funcionamento nas seguintes concesións:
XG802: Bonos xa dispoñibles
XG817: Bonos xa dispoñibles. Se dispós do bono de decembro, poderás seguir viaxando todo o mes con el. A partir de xaneiro todos os usuarios comezarán a utilizar os novos bonos + Info
XG847: Bonos xa dispoñibles
XG871: Bonos xa dispoñibles
Concesións da 1º parte do Plan de Transporte de Viaxeiros por Carretera da Xunta de Galicia
XG614: Bonos xa dispoñibles
XG623: Bonos xa dispoñibles
XG628: Bonos xa dispoñibles
XG648: Bonos xa dispoñibles
Calquera persoa usuaria que precise información, pode solicitala por teléfono (982 29 29 00), email (bonos@monbus.es) o a través das redes sociais (Facebook, Twitter, e Instagram).