Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus vive un momento de expansión

O 2020 foi un ano complicado e con moitas dificultades que fan pensar nun futuro incerto. Con todo, para Monbus os tempos que se aveciñan veñen cargados de proxectos. 

Monbus afrontará proximamente a chegada de novos servizos a nivel nacional e internacional, que lle colocarán entre os principais operadores de transporte regular de viaxeiros por estrada. 

Froito deste momento de expansión que está a vivir a nivel empresarial, Monbus decidiu ampliar tamén a súa directiva. Todo o traballo realizado ata o momento pola actual Dirección Xeral, liderada por Francisco Javier Cuesta, verase reforzado coa recente incorporación á mesma de Juan Antonio Montoya para a área de expansión. A experiencia contrastada de ambos no sector do transporte de viaxeiros permitirá a Monbus afrontar con confianza os novos retos que se aveciñan. 

Proxectos en Cataluña 

Nos próximos meses Monbus poñerá en marcha tres contratos importantes coa Área Metropolitana de Barcelona (AMB). En primeiro lugar, o servizo de autobús interurbano que une a cidade de Barcelona e os municipios do Baix Llobregat. Tamén comezará a xestionar o denominado bus de Horta, dúas liñas na parte alta da Cidade Condal. Ademais, Monbus encargarase da xestión do Aerobús, o roteiro que une as dúas terminais do aeroporto do Prat con Barcelona e que mobiliza uns seis millóns de usuarios cada ano. 

Monbus ampliará así a súa presenza en Cataluña, onde os seus autobuses xa moven millóns de pasaxeiros nos servizos regulares entre a capital catalá e cidades como Manresa, Igualada, Reus, Villafranca ou Tarragona. 

Novas concesións en Galicia 

Ademáis de seguir crecendo en Cataluña, Monbus inicia o ano coa posta en marcha das concesións correspondentes á segunda parte do novo Plan de Transporte de Galicia. Entre elas atópase a XG-817, o Eixo Atlántico, que vertebra toda Galicia de norte a sur e conta con conexións a Lugo, Lalín e Fisterra. Esta concesión, da que Monbus xa era operador, virá acompañada doutras novas para o grupo como a XG-802 que une Lugo e Santiago, as XG-804 e XG-807 na comarca de Santiago e a XG-847 na comarca de Barbanza. 

Expansión internacional 

Cataluña e Galicia concentran os proxectos máis inminentes de Monbus, pero non son os únicos. Os seus autobuses seguen circulando dende Extremadura a Madrid cos servizos de longo percorrido da VAC-247, na propia capital co transporte urbano de Alcalá de Henares, en Castela-A Mancha co transporte urbano de Talavera de la Reina, e en Andalucía onde Monbus acaba de adquirir unha empresa con liñas regulares que conectan Sevilla con poboacións como Xerez, Alxeciras ou Écija. 

Á marxe do territorio nacional, Monbus cruzará a fronteira cara a Portugal e afrontará a súa expansión internacional despois de obter unha concesión para o transporte regular en Oporto para o próximos dez anos.