O Obradoiro continúa coa súa racha triunfal
O Río Natura Monbus Obradoiro conseguiu o pasado domingo ante os seus afeccionados a súa terceira victoria consecutiva tras impoñerse ao CAI Zaragoza (77-68). Grazas a esta nova e merecida victoria, suma xa un total de 12 no que vai de tempada que con case total garantía lle permitirá participar un ano máis na Liga Endesa.
A pesar de la alternancia de canastras na primeira parte, o Río Natura Monbus soubo impoñer o seu xogo e, segundo foi avanzando o partido, conseguiu ir aumentando distancias, para terminar finalmente conseguindo unha plácida victoria.
Sen dúbida o home do encontro foi Adam Waczynski, que pasa polo seu mellor momento da tempada. O xogador anotou 21 puntos, con 4/7 en triples e foi, xunto cun fabuloso traballo colectivo en defensa, unha das claves para que o Obradoiro se fixera co partido.
Na próxima xornada, o Río Natura Monbus visitará Sevilla, coa mirada posta nos Playoffs polo título de Liga.