Máis protección coa app Radar COVID
Monbus colabora co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para a sensibilización e fomento da descarga e o uso de Radar COVID, a app de rastrexo de contactos desenvolta polo Goberno de España a través da Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial ( SEDIA).
Radar COVID avisa á persoa usuaria de maneira anónima do posible contacto que unha persoa puido ter nos últimos 7 días con outra que resultase infectada. Deste xeito, resulta ser útil e eficaz para atallar as cadeas de contaxio.
A app é anónima e segura xa que non recolle datos persoais nin usa xeolocalización. Só é necesario descargala e permitirlle usar o bluetooth. Está dispoñible para dispositivos iOs e Android:
No ámbito do transporte público a app convértese nunha ferramenta de gran utilidade para o rastrexo de contactos descoñecidos e inadvertidos como os que se poden dar entre as persoas viaxeiras.