Nuevo microbús para Urbanos de Lugo
Monbus segue apostando pola renovación da frota de Urbanos de Lugo coa incorporación dun Mercedes 519 Autocuby que dará servizo na Liña 11 Especial Rural (Bóveda - Calde – Nadela - Pías) a partir do 9 de outubro.
Trátase dun vehículo que cumpre coa normativa Euro 6, ten un menor consumo de combustible e unha menor emisión de gases e partículas. Desta maneira, Monbus segue adiante coa súa política de mobilidade sostible e mellora da eficiencia enerxética.
O novo microbús ten capacidade para 16 pasaxeiros sentados e 14 de pé e conta cunha rampla de acceso manual para as persoas con mobilidade reducida. Entre as prestacións máis destacadas o vehículo incorpora ABS, ESP, asistente de mantemento de carril, sistema de control automático de velocidade, cintos de seguridade de tres puntos, conexión Wifi e USB, asentos tapizados en pel e lúas panorámicas extratintadas.
Conta tamén coas medidas de seguridade fronte ao COVID-19 como o biombo protector do posto de condución e o dispensador de xel hidroalcohólico á entrada do vehículo para o uso por parte das persoas viaxeiras.