Monbus participa no Programa MOVES II
Monbus continúa apostando pola mobilidade sostible. Froito deste compromiso Empresa Monforte, empresa adherida a Monbus, participa no Programa MOVES II de Incentivos á Movilidade Eficiente e Sostible. Este plan ten como obxectivos, entre outros, a compra de vehículos alternativos, a instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, a posta en marcha de medidas para que as empresas faciliten a mobilidade sostible para os seus empregados e clientes e a adaptación das cidades ás necesidades de mobilidade xeradas pola crise sanitaria do COVID-19.
O Programa MOVES II impulsa a mobilidade eficiente e ao mesmo tempo serve como ferramenta para facer fronte ao incremento de emisións de CO2, promovendo a redución do consumo de combustibles fósiles no transporte e a implantación de enerxías máis limpas.
A adhesión a este plan únese a outras actuacións en materia ambiental como a consecución das certificacións UNE-EN ISO 14001 de Gestión Ambiental, UNE-ISO 50001 de Gestión de la Energía ou EA 0050 de Conducción Eficiente entre outras, que avalan o afán de Monbus por traballar a favor dun transporte máis limpo e sostible.