O Monbus Obradoiro continúa imparable.
O Monbus Obradoiro prolongou o seu bo momento coa terceira vitoria da tempada. O conxunto comandado por Moncho Fernández dobregou oa Coosur Real Betis (87-80) e igualou así o mellor arranque da súa historia na Liga Endesa, con tres triunfos nos tres primeiros partidos.
Como xa vén sendo habitual, o Monbus Obradoiro arrincou o partido cun alto ritmo anotador. Os triplos de Beliauskas e as canastas de Mike Daum proporcionaron a dianteira no marcador aos locais (26-22).
O Monbus Obradoiro intensificou a defensa no segundo cuarto. Beliauskas e Birutis, dous das súas principais referencias en ataque, cargáronse de faltas persoais e iso freou a súa achega ofensiva. Ao descanso o encontro estaba totalmente aberto (43-42).
A volta á pista devolveu a mellor versión do conxunto obradoirista, que chegou a ter unha vantaxe de sete puntos. Con todo, os visitantes aproveitaron varios desaxustes na defensa local para neutralizar a diferenza e colocarse cunha mínima renda no resultado ao final do terceiro cuarto (65-66).
Ante esta situación, o Monbus Obradoiro volveu reaccionar e grazas ao bo xogo colectivo puxo terra polo medio outra vez. A alegría durou pouco no equipo santiagués xa que os béticos achegáronse pouco despois. No tramo decisivo, a defensa obradoirista volveu impoñerse. Pepe Pozas, Birutis e Beliauskas selaron o triunfo desde o tiro libre.