Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro reafirma o seu bo inicio

O Monbus Obradoiro sumou a segunda vitoria da tempada na súa visita á pista do BAXI Manresa (76-80) despois dun intenso partido que se decidiu nos instantes finais. Con dous triunfos noutros tantos partidos disputados, o conxunto obradoirista mantense como líder da Liga Endesa. 

Comezaron máis acertados os santiagueses, anotando os tres primeiros lanzamentos e tomando vantaxe no partido. Birutis Beliauskas foron as referencias ofensivas nun parcial de dominio alterno (15-21). 

O xogo comezou moi trabado no inicio do segundo cuarto. Os dous equipos apostaron polo ataque e nese contexto saíu beneficiado o conxunto local, que recortou distancias. Tres tiros libres de Robertson mantiveron ao Monbus Obradoiro por diante no marcador (39-41). 

Tras o descanso, o equipo dirixido por Moncho Fernández puxo terra polo medio cun parcial de 0-9 que ampliou a súa vantaxe. Os locais, tras o tempo morto solicitado polo seu adestrador, responderon coa mesma moeda para deixar todo por decidir (56-60). 

Do mesmo xeito que no resto do partido, o Monbus Obradoiro arrincou de maneira intensa o último cuarto. Iso permitiulle despegarse de novo no tenteo. O conxunto manresano non se rendeu e traballou na remontada. Logrou empatar o partido a falta de dous minutos para a conclusión, pero nos instantes finais o acerto na defensa trouxo o triunfo para Santiago de Compostela.