Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro estréase ao grande

A tempada 2020/2021 arrincou da mellor maneira para o Monbus Obradoiro. O conxunto santiagués superou con claridade ao Urbas Fuenlabrada (101-82) e colocouse no máis alto da clasificación da Liga Endesa. 

Os xogadores dirixidos por Moncho Fernández completaron unha boa actuación colectiva na que destacou o lituano Laurynas Birutis con 27 puntos e 42 créditos de valoración que converteron ao pivote do Monbus Obradoiro no mellor xogador da xornada inaugural. 

Foi un partido de moito ritmo no que os dous equipos viron aro con facilidade. Birutis foi o máis destacado dos santiagueses nun primeiro cuarto que terminou con dominio visitante no marcador (22-26). 

A renda fuenlabreña seguiu aumentando ata os nove puntos nos primeiros compases do segundo parcial, pero a reacción do Monbus Obradoiro non se fixo esperar para irse ao descanso por diante (50-46). 

Na continuación, o partido continuou polos mesmos camiños. Co marcador apertado, as accións ofensivas sucedéronse nas dúas canastras para manter a máxima igualdade ao final do terceiro cuarto (69-69).  

No últimos dez minutos de partido, o Monbus Obradoiro fixo valer a súa condición física e o seu acerto anotador para desgastar ao conxunto madrileño. A diferenza no marcador foi aumentando progresivamente ata que os visitantes terminaron por baixar os brazos e o partido pechouse cunha clara vitoria do conxunto compostelán.