Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Novos servicios urbanos en Barcelona

O vindeiro luns 14 de setembro poñerase en marcha o renovado servizo de transporte urbano ao área portuaria de Barcelona e á Zona de Actividades Loxísticas ( ZAL), que pasará a estar integrado pola Liña 88 e a Liña PR4. Como o seu propio nome indica, trátase dun servizo que atende principalmente ás necesidades de mobilidade das persoas que se desprazan a estes dous grandes centros de traballo. 

Unha UTE de empresas adheridas a Monbus xa xestionaba a Liña 88 e a partir de agora pasará tamén a ofrecer os servizos da Liña PR4, con seguintes percorridos: 

Liña 88 

  • Barcelona (Metro Paral·lel) - Barcelona (Av. dels Ports d’Europa / ZAL) 

  • Barcelona (Metro Paral·lel) - Barcelona (Av. dels Ports d’Europa / ZAL) (directe) 

  • Barcelona (Metro Paral·lel) - El Prat (Edifici PIF) 

  • Barcelona (Metro Paral·lel) - El Prat (Moll Prat / Terminal BEST) 

Estes traxectos realizaranse de luns a venres laborables. Toda a información sobre horarios e paradas pódese consultar nesta ligazón. 

Liña PR4 

  • Barcelona (ZAL) - El Prat (Estaciò Rodalies) 

  • Moll Prat / Terminal BEST - El Prat (Estaciò Rodalies) 

Estes traxectos realizaranse diariamente. Toda a información sobre horarios e paradas pódese consultar nesta ligazón. 

Mobilidade sostible 

O servizo de transporte urbano ao área portuaria de Barcelona e á Zona de Actividades Loxísticas ( ZAL) terá un claro compromiso coa cidadanía e a mobilidade sostible, apoiándose en políticas de redución do impacto ambiental como: 

  • Uso de combustibles con biodiésel que permitirán reducir as emisións contaminantes.  

  • Renovación da frota de autocares híbridos-eléctricos para a diminución das emisións ambientais e sonoras. 

  • Priorizar o uso de pneumáticos categoría A- C, para a redución do consumo de combustible e un menor son de rodamiento. 

  • Uso de iluminación led para a redución da contaminación lumínica. 

  • Uso de termómetro dixital para a mellora da xestión de temperatura de confort. 

  • Instalación de sondas de temperatura para a mellora da temperatura ambiental e a humidade relativa.  

Estes servizos contarán tamén cunha aplicación móbil dirixida ás persoas con dificultade cognitiva, diversas discapacidades e persoas de avanzada idade, e unha canle de comunicación a bordo dos autobuses denominado Liña-TV no que se reproducirán contidos de entretemento, información, a difusión e promoción do transporte público ou a comunicación das incidencias sobre o servizo, entre outros aspectos.  

Para is información, as personas usuarias pódense poñer en contacto a través do teléfono (93 339 63 63), email (info@monbus.es) ou redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram)