Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Protocolo del transporte compartido en Galicia

Ante o inminente arranque do curso escolar en Galicia, a Xunta de Galicia deu a coñecer o protocolo de medidas preventivas ante o COVID-19 nos servizos de transporte público compartido

Trátase dunha serie de pautas a seguir no acceso ao autobús, durante os traxectos e á chegada aos centros escolares. O protocolo aborda tamén a ordenación a bordo dos vehículos dos diferentes usuarios que poden acceder ao servizo.

Subida ao vehículo 

O acceso ao bus realizarase pola porta dianteira, mantendo a distancia de seguridade en todo momento. Todos os usuarios deberán hixienizar as súas mans con xel hidroalcohólico ao subir ao autobús.

Os escolares accederán en primeiro lugar e situaranse ao fondo do vehículo, ocupando as prazas desde atrás cara adiante. O alumnado procurará ocupar sempre os mesmos asentos e viaxar co mesmo compañeiro. No caso dos que convivan na mesma casa, poderán viaxar xuntos. 

Pola súa banda, os usuarios xerais ocuparán as prazas libres situadas na zona dianteira do vehículo

Ao tratarse de transporte compartido, deberá diferenciarse a zona para ocupar polo alumnado e a destinada ás persoas viaxeiras a través dunha fila de asentos baleiros

Tódalas persoas que viaxen a bordo do vehículo deberán levar sempre posta a máscara e portarán as súas pertenzas (mochila, abrigos, etc.) durante o traxecto, evitando usar espazo compartidos e o contacto con obxectos doutras persoas viaxeiras. 

Saída ordenada 

A saída do autobús realizarase pola porta dianteira, mantendo igualmente a distancia de seguridade e de modo inverso á subida, é dicir, empezando polos asentos dianteiros e acabando polos traseiros. 

Todos os usuarios deberán utilizar de novo o xel hidroalcohólico para limpar as súas mans e, a continuación, seguiranse as indicacións do protocolo de actuación do centro escolar para a espera e acceso ás instalacións. 

Máis seguridade 

Á marxe das medidas propostas desde as administracións, Monbus quixo reforzar os protocolos de seguridade mediante a firma dun acordo co Instituto de Estudos Celulares e Moleculares ( ICM) para a realización de test masivos a todo o persoal de condución e acompañantes vinculados ao transporte escolar.  

Para máis información, as personas usuarias pódense poñer en contacto a través do teléfono (93 339 63 63), email (info@monbus.es) ou redes sociais (FacebookTwitter e Instagram).