Monbus apuesta por un transporte escolar seguro
Ante o actual escenario de incerteza que provoca a volta ás aulas, Monbus quixo reforzar, aínda máis se cabe, os protocolos elaborados desde as administracións para ofrecer as máximas garantías de seguridade no transporte escolar.
Por iso, Monbus e o Instituto de Estudos Celulares e Moleculares ( ICM), único centro privado acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III con sede en Lugo, asinaron un importante acordo para a realización de máis de 2.000 test. As primeiras probas realizaranse de forma masiva a todo o persoal de condución e acompañantes vinculados ao transporte escolar.
A maiores das probas que se realicen coincidindo co arranque do curso, as actuacións manteranse ao longo de todo o ano escolar tendo en conta os posibles escenarios que poidan xurdir. Proximamente, esta mostraxe farase tamén extensible ao resto de persoal de Monbus co obxectivo de protexer tanto a súa propia saúde como a das persoas usuarias que gozan do servizo.
Ambas as entidades deseñaron unha estratexia conxunta para o rastrexo preventivo masivo do persoal de Monbus. A este estudo incorporaranse as análises por PCR directa a partir de saliva, un método novo pola súa maior sensibilidade na detección do virus e pola súa facilidade de manexo. Esta técnica, xa utilizada e validada en colectivos sensibles en Estados Unidos como a NBA, foi posta a punto por ICM con éxito e está dispoñible para que empresas pioneiras como Monbus poidan garantir na medida do posible a máxima seguridade nos seus servizos.
Esta estratexia incluirá tamén o rastrexo á frota de vehículos, xa que se incorporarán probas para realizar comprobacións sobre a presenza do virus nos autobuses. Un elemento máis de seguridade que se engade aos protocolos de desinfección diaria establecidos, que inclúen a aplicación de xeradores de ozono e virucidas específicos, ademais da utilización de deterxente con compoñente virucida nos trens de lavado.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Seguridade que Monbus leva realizando desde o inicio da pandemia e que está en constante revisión e actualización segundo o avance da situación sanitaria. Para proporcionar maior seguridade aos viaxeiros, Monbus está en proceso de obtención dunha certificación de protocolos e medidas contra o COVID-19 avalada por AENOR, a entidade líder en certificación en España. A seriedade e rigorosidade que caracteriza o traballo de AENOR desde a súa creación posibilitou que os seus certificados sexan os máis valorados, non só en España senón tamén no ámbito internacional.
Para máis información, as persoas usuarias pódense poñer en contacto a través do teléfono (93 339 63 63), email (info@monbus.es) ou redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).