Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Aviso aos usuarios que viaxen a Galicia

Dadas as novas medidas de prevención contra o COVID-19 establecidas pola Xunta de Galicia, Monbus lembra a todos os pasaxeiros, en especial aos usuarios de Vibasa que a partir do martes, 28 de xullo de 2020 é obrigatorio informar as administracións sanitarias se se entra en Galicia tras estar nunha das zonas de alto impacto da pandemia.

Así mesmo, as zonas que se consideran altamente afectadas pola pandemia están recollidas na resolución do DOG Núm.150, do 27 de xullo de 2020.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os seus datos de contacto e da súa estancia en Galicia, enchendo este formulario, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade todas aquelas persoas que estivesen nos 14 días naturais anteriores á súa chegada a Galicia nos seguintes territorios:

a) En calquera país do continente africano

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Argentina, Bahamas, Costa Rica, Ecuador, Estados Unidos, El Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguay, Puerto Rico, Venezuela, Haití, Jamaica, Nicaragua y República Dominicana.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Irak, Kazajistán, Kirguistán, Kuwait, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboya, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Pakistán, Siria, Tailandia, Yemen, Vietnam y Jordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Azerbaiyán, Andorra, Armenia, Bélgica, Bosnia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Kosovo, Liechtenstei, Luxemburgo, Macedonia del Norte, Malta, Mónaco, Montenegro, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Rumanía, San Marino, Suíza, Georgia y Gibraltar.

e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam e a Polinesia Francesa.

f) En todas as comunidades autónomas e cidades autónomas de España, con excepción de Baleares, Canarias e a Comunidade Valenciana.

Segundo especifica o DOG, estes datos serán actualizados nun prazo máximo de 15 días. Todas as novidades respecto diso pódense consultar na páxina web da Xunta de Galicia.

As persoas usuarias que necesiten máis información sobre o servizo, poden contactar por teléfono (982 29 29 00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (FacebookTwitter e Instagram).