Goza do teu verán con Monbus!
O verán xa empezou, e Monbus quere asegurarse de que ninguén quede sen gozalo. Por iso, Monbus convídache a descubrir os mellores lugares preto de ti grazas aos numerosos roteiros de curta e media distancia que hai dispoñibles tanto en Galicia, como en Cataluña, Madrid, a Comunidade Valenciana e Sevilla.
O teu mellor verán está aquí á beira
En Galicia, os viaxeiros poderán moverse con facilidade a destinos tan coñecidos como Pontevedra, Sanxenxo, Portonovo ou Vilalonga grazas aos servizos regulares de Monbus.
Volve un ano máis o Grobus, medio de transporte de referencia durante o verán. Este servizo achega ao seu destino a todos aqueles usuarios que queiran desprazarse pola península do Grove, tanto durante o día como durante a noite.
Gozar do Mediterráneo
No caso de Cataluña, existen numerosas alternativas para gozar do verán e do sol do Mediterráneo.
No Prat de Llobregat, o servizo Platja Exprés está actualmente en funcionamento e conecta o centro urbano coa praia do municipio durante as fins de semana e festivos de xuño, xullo e agosto.
A maiores, están dispoñibles diferentes servizos especiais con saídas desde Igualada e Manresa cara ás praias de Coma - Ruga, Sant Salvador, Calafell, Segur de Calafell ou Cunit. Os horarios pódense consultar na seguinte ligazón. Para poder chegar á Costa Dourada con facilidade, as liñas de longo percorrido con destino Salou e Barcelona tamén verán aumentadas as súas frecuencias.
Vibasa
Doutra banda, están dispoñibles os servizos de longo percorrido de Monbus para os que necesiten desprazarse pola península da forma máis sinxela, cómoda e segura durante este verán.
Viaxa seguro con Monbus
Monbus non vai deixar que nada arruíne o teu verán. Por iso, establecéronse protocolos de limpeza e desinfección de vehículos e instalacións, ademais dunha constante actualización de medidas de actuación preventivas #ante o Covid-19.
Lémbrase aos viaxeiros o uso obrigatorio de máscara que cubra nariz e boca tanto no acceso aos vehículos como durante o traxecto segundo o disposto na Orde TMA/384/2020, do 3 de maio, do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Calquera usuario que necesite utilizar os servizos de Monbus, pode solicitar a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).