MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Resumo

O Grobus non falta á súa cita co verán

Grobus está de volta. Un ano máis, o autobús circular que percorre toda a península do Grove chega para seguir consolidándose como unha referencia nos desprazamentos durante o verán. Na iniciativa colaboran a Xunta de Galicia, o Concello do Grove, e Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes).

Moverse co Grobus é máis fácil, cómodo e económico. O seu percorrido circular comeza na Estación de Autobuses grovense e pasa polas principais praias da zona cara a San Vicente do Mar A Toxa antes de volver ao punto de partida.

Grobus ofrece un total de 13 frecuencias regulares ao longo de todo o día (02:00, 04:00, 06:00, 09:00, 10:30, 12:10, 15:30, 16:30, 18:30, 20:30, 22:00, 23:00 e 00:00) que o converten no medio de transporte ideal para vivir o verán da mellor maneira, evitando así os problemas de tráfico e de aparcamento tan comúns na tempada estival. Os billetes pódense comprar a bordo do propio autobús (1,50€) e a un prezo bonificado (1,35€) se se realiza o pago coa Tarxeta Metropolitana de Galicia ou a Tarxeta Xente Nova. 

Para unha viaxe segura no Grobus, as persoas viaxeiras deberán facer uso obrigatorio das máscaras que cubran nariz e boca, tanto no acceso ao vehículo como durante toda a viaxe 

As persoas usuarias que necesiten máis información sobre o servizo, poden contactar por teléfono (982 29 29 00), email (info@monbus.esou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).