Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Río Natura Monbus vence ao Fuenlabrada

Río Natura Monbus Obradoiro conseguiu este fin de semana a súa undécima victoria da tempada fronte ao Montakit Fuenlabrada cun marcador de 82-88.

O equipo galego prosegue desta forma coa súa racha triunfal, asegurándose practicamente a permanencia na Liga Endesa un ano máis. 

Os de Moncho Fernández tardaron pouco en afianzarse no encontro, disfrutando do xogo e respondendo con facilidade ás embestidas do equipo rival. Só a entrada en escena do base Alberto Díaz (18 puntos e 21 de valoración), conseguiu erguer os ánimos dos locais. Sen embargo, a inspiración dos xogadores do Río Natura Monbus facilitou a consecución dunha nova e merecida victoria (82-88).

O alemán Maxi Kleber foi o protagonista indiscutible, conseguindo o galardón de MVP da xornada con 36 puntos e 45 de valoración. Destacou tamén a aportación dos aleros Alberto Corbacho, con 11 puntos, e Pavel Pumprla con 24.

A afición obradoirista fíxose notar nas gradas celebrando a segunda victoria consecutiva do equipo e a undécima na Liga ACB. O próximo Domingo, 29 de marzo, os galegos mediránse co CAI Zaragoza en Fontes do Sar.

Fuenlabrada