Viaxar de forma segura en Urbanos de Lugo
Na loita contra o coronavirus, a prevención é o mellor método. Para minimizar ao máximo o risco de contaxio e axilizar os procesos de acceso ao autobús, Urbanos de Lugo recomenda aos seus usuarios utilizar medios de pago electrónicos como a Tarxeta Cidadá do Concello de Lugo. Así se evita en todo momento o contacto co persoal de condución e permite manter a distancia de seguridade entre persoas. Ademais, con esta tarxeta os usuarios poderán aforrar nas súas viaxes ao acceder a tarifas bonificadas.
Para solicitala os usuarios deben dirixirse á páxina web do Concello de Lugo ou concertar unha cita previa a través do teléfono 010, onde serán informados da documentación necesaria para a súa tramitación.
Á marxe destas recomendacións, Urbanos de Lugo lembra aos seus usuarios que o uso de máscaras é obrigatorio no transporte público e a ocupación dos autobuses está limitada á metade das prazas sentadas dispoñibles e de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé. A fila posterior ao posto de condución sempre se manterá baleira.
Urbanos de Lugo seguirá atentamente a evolución da actual situación sanitaria e as directrices recibidas por parte das administracións públicas para actualizar as medidas de seguridade a implementar nos seus servizos