A Fase 0 nos servizos de Monbus
Este luns 4 de maio arranca a Fase 0 do Plan para a Transición cara unha Nova Normalidade deseñado polo Goberno de España. As principais medidas aplicadas ao transporte público están relacionadas co uso obrigatorio de máscaras e a limitación da ocupación dos autobuses á metade das prazas dispoñibles.
Uso obrigatorio de máscaras
A principal novidade aplicada ao transporte público de viaxeiros é o uso obrigatorio de máscaras que cubran nariz e boca. Todos os usuarios dos serviczs de transporte deberán utilizalas durante as súas viaxes.
Da mesma forma, o personal de conducción deberá seguir mantendo as medidas de seguridade adoptadas ata o momento, como o uso de máscaras e xeles hidroalcólicos para unha frecuente hixiene de mans.
Ocupación do 50%
No uso do transporte público o obxectivo principal é que os usuarios manteñan entre si a maior distancia posible. Para elo, os servicios regulares nos que todos os ocupantes deban ir sentados non poderán ser ocupados máis da metade dos asentos dispoñibles respecto do máximo permitido. A maiores, manterase sempre vacía a fila posterior á butaca ocupada polo conductor.
No caso do transporte urbano, no que existen espazos habilitados para que os usuarios viaxen de pé, procurarse igualmente que as persoas manteñan a distancia de seguridade. Así, manterase a referencia de ocupar a metade das plazas sentadas dispoñibles e de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé.
Como ven ocorrendo desde o inicio do estado de alarma, Monbus seguirá atentamente a evolución da actual situación sanitaria e as recomendacións recibidas por parte das administraciones públicas para actualizar as medidas de seguridade a implementar nos seus servizos.