Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

A viaxe continúa con Monbus

Con Monbus, a viaxe continúa. E para que continúe da mellor maneira posible, os usuarios con viaxes programadas ata o 26 de abril* poderán beneficiarse das seguintes medidas:

  • Flexibilidade de cambios: o usuario dispoñerá de modificacións ilimitadas no seu billete durante 3 meses desde o 31 de marzo*.
  • Sumar puntos co cambio: todos aqueles que opten por cambiar o seu billete recibirán 100 monbuses extra na súa conta do Club Monbus para gastar nos seus próximos desprazamentos. 

Monbus lembra aos seus usuarios que todo cambio debe ser solicitado cun mínimo de 2 horas de antelación á saída do bus

  • Compras online: os cambios poderanse realizar a través da web na sección XESTIONA A TÚA RESERVA. Os billetes adquiridos ca tarifa ReVibajas tamén se beneficiarán da flexibilidade nos cambios.
  • Compras en taquilla: Monbus recomenda aos seus usuarios tramitar a solicitude de cambio dos billetes comprados en taquilla a través do  mail info@monbus.es, indicando o código de reserva do billete, xa que debido á alerta sanitaria gran parte dos puntos de venda permanecen pechados. 

Servizos anulados

Tras as instrucións recibidas por parte das autoridades sanitarias co obxectivo de mitigar as consecuencias do virus COVID-19, reduciuse nas últimas semanas a oferta de servizos. Debido a isto, moitos das expedicións programadas foron anuladas.  

Todos os usuarios afectados por esta circunstancia poderán solicitar a devolución íntegra do importe dos billetes para servizos cancelados:

  • Compras online: a solicitude debe tramitarse a través do  mail info@monbus.es indicando os datos do seu billete (orixe, destino e código de reserva do billete). 
  • Compras en taquilla: Monbus recomenda aos seus usuarios tramitar a solicitude a través do mail info@monbus.es, indicando o código de reserva do billete, xa que debido á alerta sanitaria gran parte dos puntos de venda permanecen pechados. Unha vez remate o Estado de Alarma, os usuarios terán un prazo de 14 días para solicitar a devolución dos billetes anulados. 


Información actualizada

Os servizos que continúan en funcionamento están a ser constantemente actualizados e pódense consultar na web. Calquera usuario que necesite máis información, pode contactar por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (FacebookTwitter e Instagram).

Monbus lembra aos seus viaxeiros que no estado de alarma desaconséllase viaxar salvo por razóns inaprazables.

 

* Os prazos están suxeitos a posibles cambios segundo a evolución da situación de alerta sanitaria.