Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Servizos especiais de Monbus para o Entroido

Monbus ofrecerá servizos especiais de ida e volta dende Ourense a Xinzo e Verín, para facilitar os desprazamentos dos usuarios que queiran desfrutar do Entroido con maior tradición de Galicia.  

Para o Xoves de Comadres que se celebrará en Verín, os viaxeiros teñen a disposición os servizos regulares con saída desde Ourense ás 6:15h, 8:30h, 10:15h, 13:00h, 15:05h, 18:15h e 20:00h, xunto a un servizo especial directo ás 22:00 horas. Na volta, haberá un autobús que sairá ás 3:30h da madrugada desde Verín cara Ourense, antes de que empecen a circular os habituais das 6:15h, 8:00h, 10:15h, 12:00h, 15:00h, 18:15h e 22:00h. 

Xa na fin de semana, para o Sábado de Entroido de Xinzo de Limia os viaxeiros poderán desprazarse desde Ourense ás 6:15h, 13:00h e 20:00h. Ademáis haberá dous servizos especiais ás 22:00h e 23:00h. Para volver de Xinzo a Ourense, Monbus habilitará autobuses cada hora a partir das 3:30h da madrugada, sendo a última saída ás 7:30h. 

Para planificar mellor a súa viaxe, os usuarios poderán adquirir os seus billetes en venda anticipada no despacho de Monbus ubicado na Estación de Autobuses de Ourense. 

Calquera usuario que precise máis información, pode contactar por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (FacebookTwitter Instagram).