O Monbus Obradoiro lócese fronte ao Manresa
O Monbus Obradoiro prolongou a súa boa serie de resultados cunha vitoria esmagadora fronte ao BAXI Manresa (97-83).
O partido comezou cos composteláns xogando ao máximo nivel, tanto é así que o conxunto visitante viuse rapidamente superado por un parcial de 12-2 en contra. Os de Pedro Martínez reaccionaron xerando espazos para que os seus tiradores puidesen encestar. Brondianzky non quedou de brazos cruzados e volveu endereitar ao Obra co seu liderado (25-16).
O segundo cuarto estivo marcado polo acerto dos xogadores de Moncho Fernández e polos erros dos manresanos. O Obra despegouse do seu rival superando os dez puntos de renda. David Navarro puxo a guinda cun sobre a bucina que encarrilaba o partido (54-32).
Tras o intermedio, o Monbus Obradoiro continuou aumentando a súa renda. O BAXI Manresa parecía reaccionar, pero non contaban os cataláns co bo estado de forma de Fletcher Magee que retomou a batuta anotadora (73-56).
O último cuarto caracterizouse pola defensa manresana, que logrou deter con certa efectividade aos xogadores obradoiristas. Os tiradores do Monbus Obradoiro saíron ao perímetro e de novo iniciaron a sangría iniciándose unha auténtica ofensiva en ambas as canastras. Finalmente, o gran traballo realizado durante todo o encontro deu os seus froitos e a vitoria caeu en mans do Monbus Obradoiro