O Río Natura Monbus exhíbese ante o Murcia
O equipo de baloncesto Río Natura Monbus Obradoiro, patrocinado por Monbus, levantou este domingo a súa décima vitoria do campionato nunha exhibición histórica frente ao UCAM Murcia (104-52).
A pesar dun titubeante comezo, o conxunto galego brillou sobresaínte na faceta anotadora, grazas á aportación de moitos dos seus xogadores, en especial a de Adam Waczymski, que conseguiu 24 puntos e unha valoración de 28, ou a de Rafa Luz, Pumprla e Kleber, que obtiveron máis de 20 puntos de valoración.
O Rio Natura Monbus Obradoiro tamén destacou na faceta defensiva, o que impediu ao equipo murciano anotar máis de 18 puntos no segundo periodo.
Miller e Waczynski puxeron a guinda a unha histórica noite na que se alcanzou a décima vitoria do equipo galego na Liga, que achega un pouco máis ao obxectivo da permanencia na máxima categoría do baloncesto español.
Unha xornada inolvidable para a familia obradoirista ademáis polo nombramento á “Mellor Afición” da Liga Endesa (galardón concedido pola revista deportiva Xigantes do Basket).