Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Urbanos de Lugo estrea autobús híbrido

Monbus mantén a súa estratexia de renovación de vehículos en Urbanos de Lugo a fin de reducir as súas emisións e mellorar a eficiencia enerxética. A aposta pola mobilidade eficiente ten como protagonista ao novo Mercedes- Benz Citaro K híbrido que comezará a prestar os seus servizos na liña 6 a partir de mañá 30 de xaneiro. 

O vehículo conta con todos os dispositivos de última xeración, permitindo un aforro de combustible de 8,5% fronte ao seu predecesor diésel, así como unha diminución do 75% das emisións de gases e do 85% das emisións de partículas en referencia á norma Euro 6. A maiores, incorpora cargadores USB, rampla eléctrica e manual,  alcolock e luces de xiro. 

Toda a frota de Urbanos de Lugo está equipada con ramplas de acceso para minusválidos, sistema de  arrodillamiento do vehículo para unha mellor entrada ao vehículo e conexión Wifi para que os usuarios poidan acceder a internet. 

Este novo vehículo incorpora a nova imaxe corporativa de Urbanos de Lugo, uníndose así aos dous vehículos de última xeración presentados en novembro que xa circulan nas roteiros Campus – A Piringalla e As Gándaras - Cemiterio.