Urbanos de Lugo estrea autobús híbrido
Monbus mantén a súa estratexia de renovación de vehículos en Urbanos de Lugo a fin de reducir as súas emisións e mellorar a eficiencia enerxética. A aposta pola mobilidade eficiente ten como protagonista ao novo Mercedes- Benz Citaro K híbrido que comezará a prestar os seus servizos na liña 6 a partir de mañá 30 de xaneiro.
O vehículo conta con todos os dispositivos de última xeración, permitindo un aforro de combustible de 8,5% fronte ao seu predecesor diésel, así como unha diminución do 75% das emisións de gases e do 85% das emisións de partículas en referencia á norma Euro 6. A maiores, incorpora cargadores USB, rampla eléctrica e manual, alcolock e luces de xiro.
Toda a frota de Urbanos de Lugo está equipada con ramplas de acceso para minusválidos, sistema de arrodillamiento do vehículo para unha mellor entrada ao vehículo e conexión Wifi para que os usuarios poidan acceder a internet.
Este novo vehículo incorpora a nova imaxe corporativa de Urbanos de Lugo, uníndose así aos dous vehículos de última xeración presentados en novembro que xa circulan nas roteiros Campus – A Piringalla e As Gándaras - Cemiterio.