Monbus participa no Programa MOVES
O compromiso cunha mobilidade cada vez máis eficiente segue marcando a folla de roteiro de Monbus. É por iso que Empresa Monforte, empresa adherida a Monbus, participa no Programa de Incentivos á Mobilidade Eficiente e Sostible (MOVES) dirixido a incentivar a compra de vehículos alternativos, instalar infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, o desenvolvemento de incentivos para implantar sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas e a implantación de medidas recollidas en Plans de Transporte aos centros de Traballo.
O Programa MOVES impulsa a mobilidade eficiente e ao mesmo tempo serve como ferramenta para facer fronte ao incremento de emisións de CO2, promovendo a redución do consumo de combustibles fósiles no transporte.
A adhesión a este programa únese a outras actuacións en materia ambiental como a consecución das certificacións UNE-EN ISO 14001 de Xestión Ambiental, UNE- ISO 50001 de Xestión da Enerxía ou EA 0050 de Condución Eficiente entre outras, que avalan o afán de Monbus por traballar a favor dun transporte máis limpo e sostible.